Os vendedores ambulantes deberán acreditarse con unha tarxeta identificativa no mercado de Cambados

    CAMBADOS> A Policía Local de Cambados acompañou a persoal do concello, na mañá deste mércores, mentres percorrían o mercado visitando posto a posto e comprobando que todos conten coas correspondentes tarxetas de autorización e venda. 

     

    Todos os vendedores ambulantes que queiran exercer no mercado de Cambados deberán ter unha credencial como esta. Unha medida coa que se pretende incrementar as garantías de venda e evitar o que persoas non autorizadas o fagan. 

    A policía local acompañou a persoal do concello este mércores a repartir estas tarxetas, que dende xa poderán ser solicitadas como acreditación, e que en caso de non presentarse poderían carrexar importantes sancións. 

    Presentáronse no concello de Cambados 221 solicitudes para a obtención das tarxetas, concedéndose 196 tarxetas. 

    Nestas tarxetas recollese o número de metros cadrados permitidos por cada posto, os días que se lles permite traballar ou a modalidade de venta. Na actualidade existen unhas 29 solicitudes novas para cubrir posibles postos vacantes no mercado. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/19/tarxetas_feira_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/19/tarxetas_feira_cambados.mp4{/flowplayer}¡