O Liceo presenta o I concurso de teatro ‘Manuel Rey Posse’

    CONCURSO_TEATRO_LICEO_CASINOcopy.jpgVILAGARCÍA> O obxectivo deste certame é homenaxear a este artista local pioneiro na difusión da cultura a principios do século XX.

    {flowplayer}images/salnes/CONCURSO_TEATRO_LICEO_CASINO.flv{/flowplayer}

    Este concurso teatral nace co obxectivo de facer unha homenaxe ó artista local, e socio de honra do Liceo, Manuel Rey Posse. Coñecido, entre outras cousas, polo seu papel activo no mundo da cultura na primeira metade do século vinte.

    As obras poderán ser de calquera xénero e modalidade teatral coa única condición de que estean escritas en galego. Non hai limite de idade para o participantes pero si que se valorará a orixinalidade na redacción da peza.

    Os interesados dispoñen de prazo ata o quince de marzo para presentalos traballos. O fallo do xurado coincidirá coa clausura da primeira semana de teatro Manuel Rey Posse. Durante catro días, diferentes agrupacións teatrais interpretarán obras do artista, unha delas ‘Carta de chamada’.

    O Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, destacou que este concurso máis aló da iniciativa supón un homenaxe a un pioneiro e dinamizador da cultura local.

     O primeiro ascende ós seiscentos euros,o segundo ós trescentos e o terceiro premiado recibirá cinto cincuenta euros.

    Redacción Salnés