O executivo rianxeiro pediralle á Xunta o saneamento para o Araño

    abastecementoaranho.jpgRIANXO> Responde así a solicitude realizada polos propios veciños desta parroquia que recentemente entregaron preto de 500 sinaturas demandando esta mellora.

    {flowplayer}barbanza/abastecementoaranho.flv{/flowplayer}

    Non é nada novo. Dende hai tempo o executivo rianxeiro vén plantexándose a necesidade de levar a cabo a mellora da rede municipal de abastecemento de auga na parroquia do Araño. Unha obra que, en moitos casos levaría aparellada tamén o saneamento. Aínda así son conscientes de que a actuación non pode realizarse con investimentos municipais dado o seu elevado custe, ó redor dun millón de euros. O alcalde Adolfo Muíños, xa ten solicitado unha reunión co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, na que ten previsto trasladarlle esta solicitude, que recolle ademais as propias demandas dos residentes e da propia asociación de veciños desta parroquia que mesmo recolleron preto das 500 sinaturas reclamando esta mellora que podería ser tamén ampliada ós núcleos da Laxe, Outeiro e A Casilla.

    POS 2012

    O rexedor rianxeiro informou que no último pleno a corporación si aprobou unha serie de actuacións, de menor calado, de mellora da rede municipal de abastecemento de auga que se executarán con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación por un importe de 160 mil euros que afectará ás aldeas de Iñobre e Castriño na parroquia de Taragoña.

    Redacción Barbanza