‘O rescate financeiro é unha boa nova para o futuro de Novagalicia Banco’

    rueda_rescatecopy.jpgPONTEVEDRA> Esta foi a valoración que o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, fixo sobre a axuda á banca solicitada polo goberno central.

    {flowplayer}images/salnes/RUEDA_VISITA_AJE.flv{/flowplayer}

    Coma unha magnífica nova. Así valorou o Conselleiro de Presidente, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o rescate financeiro de ata cen mil millóns de euros que esta fin de semana solicitou o goberno central a Europa. Axuda que segundo o dirixente contribuirá a dar máis esperanzas á viabilidade de Novagalicia Banco.

    E engadiu que de non tomarse as medidas que o goberno central leva aprobado nos últimos meses agora estariamos falando dunha intervención de España como país e non de axudas á banca.

    Con todo, Rueda confía en que este rescate non contribúa só a sanealas entidades financeiras senón que posibilite tamén que o crédito comece a fluír.

    O Conselleiro facía estas declaracións durante a súa visita ás instalacións do Espazo Emprendedor posto en marcha pola Asociación de Xóvenes Emprendedores da cidade de Pontevedra.

    Redacción Salnés