Os pensionistas do Barbanza volven á carga coas súas reivindicacións

BARBANZA> E fano máis fortes, coa constitución da plataforma comarcal Modepen Barbanza. Nela integraranse ós colectivos de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo, á espera de poder sumar tamén ó de Ribeira.

A chegada da covid e o confinamento obrigou tamén a deixar un pouco ó lado as súas reivindicacións. Había outras prioridades. Agora coa volta á nova normalidade, os pensionistas da comarca decidiron volver á carga e fano con máis forza se cabe, coa constitución dunha plataforma MODEPEN Barbanza que integrará ós colectivos de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo, á espera de poder incorporar tamén a Ribeira

Dende o novo colectivo anunciaron tamén que ampliarán o seu ámbito de reivindicacións máis alá da defensa das pensións.

Na presentación da nova plataforma tamén anunciaron unha nova reestruturación, organizándose por grupos de traballo, e a volta das protestas á rúa. Serán con periodicidade mensual. A primeira xa o sábado cinco de setembro na Pobra. Iso si, cumprindo escrupulosamente as medidas de seguridade e hixiene impostas pola covid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí