Veciños da Pobra reclaman maior seguridade na AC-302

    accidentemortalpobra.jpgPOBRA> Esta pasada fin de semana producíase un accidente mortal no que perdeu a vida un mozo da localidade.

    {flowplayer}barbanza/accidentemortalpobra.flv{/flowplayer}

    Os signos do que foi a brutal colisión entre a motocicleta que pilotaba Néstor Silva García e o vehículo aínda eran palpables esta mañá. O suceso producíase na estrada AC-302, no vial que discorre dende a Pobra do Caramiñal cara o Polígono Industrial da Tomada e que sirve tamén de enlace coa autovía, no cruce de Rego. Ó parecer a motocicleta realizou unha manobra de adiantamento nesta recta no momento que o vehículo intentaba realizar un xiro á esquerda, provocando unha brutal colisión entre os dous vehículos que dou como consecuencia que o piloto saíra despedido polos aires ata bater nun muro anexo á estrada, provocándolle a morte case no acto.

    Maiores medidas seguridade

    O triste suceso reabre de novo unha vella demanda dos veciños da zona que se queixan das altas velocidades que alcanzan os vehículos nesta estrada, na que reclaman maiores medidas de seguridade para que este tipo de episodios non volvan a producirse.

    Redacción Barbanza