‘O Camiño a Vela’ recala na Pobra na súa penúltima etapa por mar

A POBRA> Os participantes na sétima edición da travesía ‘Navega O Camiño’ recalaron este mediodía no porto deportivo da Pobra. Alí foron recibidos polo presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa e representantes dos concellos da comarca.

Preto de 30 embarcacións arribaban este mediodía ó porto deportivo da Pobra. Trátase da flota que realiza a travesía ‘O Camiño a vela’ que partiu dende o porto francés da Rochelle o pasado 24 de xuño.

O obxectivo desta travesía que celebra xa a súa sétima edición é poñer en valor o turismo náutico a través do camiño de Santiago por mar, utilizando como porta de entrada a ría de Arousa.

Tralo seu paso pola Pobra realizarán unha nova etapa en Vilagarcía de onde partirán en catamrán para desembarcar en Pontecesures. Dende alí, culminarán o camiño a pé chegando a Compostela o próximo día 14.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí