Concentración nas Abesadas para solicitar unha mellora integral na zona

    abesadas_100_290606.jpgRIBEIRA > Os veciños dos barrios das Abesadas e Cubeliños de Ribeira protagonizaron a unha concentración para solicitar unha mellora integral destas zonas. Os residentes denuncian a falla de limpeza e de servizos tales como a liña telefónica, contedores para a reciclaxe do lixo ou o asfaltado de certas rúas.

    A pesar de tratarse de zonas de recente construción, o estado que presenta na actualidade o entorno das Abesadas e Cubeliños deixa moito que desexar. Para protestar polo abandono a que están sometidos estes barrios por parte do executivo municipal, os veciños realizaron unha concentración no parque público das Abesadas. Alí, algúns dos residentes expuxeron os principais problemas ós que teñen que facer fronte a diario como son a falla de limpeza ou a inexistencia de contedores para o papel, o plástico e o vidro, o que impide a reciclaxe de residuos.

    Ademais os veciños botan en falta máis espazos verdes destinados ó lecer e solicitan ó executivo que proceda canto antes á numeración das rúas e dos edificios, posto que moitos están aínda sen identificar.abesadas_200_290606.jpg

    Pero os problemas destes veciños non rematan aquí senón que nesta zona existen importantes deficiencias tanto na liña telefónica como na recepción da sinal de televisión o que limita o uso das comunicacións.

    Por outra banda, dado que a zona atópase aínda en construcción é frecuente o tránsto de maquinaria  e vehículos pesados co consecuente dano para o pavimento das rúas que, nalgúns casos, son practicamente intransitables.

    Polo momento, os afectados xa están traballando na creación dunha plataforma veciñal para seguir trazandoliñas de actuación conxunta co fin de ser escoitados polo concello.

    Redacción Barbanza