Impulso ó Plan Umia coa recuperación da zona baixa do río

    CONVENIOUMIA copia.jpg PONTEVEDRA> Xunta e Deputación asinaron un convenio para mellorar os sendeiros, repoboar flora e fauna e adecuar o entorno como zona de lecer.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_DEPUTACION_UMIA_180612avi.flv{/flowplayer}

    Consellería de Medio Ambiente e Deputación de Pontevedra acaban de asinar un convenio co que pretenden dar un novo impulso ó Plan Umia. O acordo contempla a mellora ecolóxica da zona baixa do río, restaurando os sendeiros que se estenden ó carón do leito para evitar a súa erosión e habilitando a zona para o goce da poboación.

    Segundo figura no acordo, Augas de Galicia redactará os proxectos das actuacións e tramitará dos procedementos precisos para licitar as obras. A Depuación encargarase de executalas. Os traballos comezarán á altura de Ponte Cabane,as-Ponte Arnelas para seguir río arriba ata o concello de Caldas de Reis.

    O convenio asinado estará vixente durante catro anos coa posibilidade de prorrogalo mediante a sinatura da correspondente addenda. Todas estas actividades irán acompañadas dunha campaña de sensibilización para que a poboación se conciencie da importancia de coidar este entorno coa fin de mellorar a calidade da auga do Umia, un río, que como lembrou o presidente provincial, da de beber a máis de cen mil persoas.

    Redacción Salnés