Calusurado en Ribeira o curso de criminoloxía da UIMP

    RIBEIRA> Un total de 107 persoas tomaron parte no curso de criminoloxía e psicoloxía forense que, dende o pasado luns, desenvolveu a Universidade Internacional Menéndez Pelayo no Auditorio Municipal da localidade. Na tarde de onte tivo lugar o acto de clausura, con participación do director da UIMP, Domingo Bello Janeiro; o alcalde Manuel Ruiz e o director do curso, e o riverense Gualberto Buela-Casal, presidente da Asociación Española de Psicoloxía Condutual e catedrático de Psicoloxía na Universidade de Granada, que se encargaron da entrega de diplomas aos asistentes. A exitosa acción contou coa participación de relatores de primeiro nivel, tanto pertencentes ó mundo académico como psicólogos e xuíces, cunha alta cualificación técnica e con dilatada experiencia profesional, como é o caso de Emilio Calatayud, maxistrado xuiz do Xulgado de Menores de Granada; José Manuel Lorenzo, Catedrático de Dereito Penal da USC; Lorenzo Morillas, catedrático de Dereito Penal da Universidade de Granada e Director do Instituto Andaluz Interuniversitario de Criminoloxía ou Ramón Arce, presidente da Sociedade Española de Psicoloxía Xurídica e Forense e catedrático de Psicoloxía Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela.