Os traballadores de Ankarr retoman as protestas para esixir solucións

    concentracion_ankarrcopy.jpgVILAGARCÍA> Para os 35 empregados que hai en plantilla, a solución pasaría por convocar un ERE extintivo ou un concurso de acredores.

    {flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_ANKARR.flv{/flowplayer}

    A día de hoxe a plantilla de Ankarr está composta por 35 traballadores. 35 traballadores que desde fai case seis meses están somerxidos nun ERE suspensivo. En vistas de que non se vai resolver o conflito e a case seguridade de que non van retomala actividade, estes empregados, apoiados pola CIG, retomaron as mobilizacións para reclamar, tanto á antiga propietaria coma ós novo xestores, unha solución. Para eles pasaría por convocar un ERE extintivo ou un concurso de acredores.

    Concurso que no seu día os novos propietarios xa anunciaran pero ante o que aínda non presentaron documentación algunha, sinalaron desde a CIG. Así mesmo, desde a central sindical confesaron que tiveron con eles un primeiro achegamento pero que non foi máis aló. Por iso, ante o descoñecemento da situación real na que se atopa a empresa, piden solucións a un conflito no que, aseguran, a principal responsable é a antiga propietaria.

    Mentres retoman as mobilizacións, estes traballadores seguen pendentes da resolución do xuíz trala vista que se celebrou o pasado 22 de maio polas débedas salariais que Ankarr ten coa plantilla. Ante este panorama, a súa representante, Alejandra Vázquez, confesou que os ánimos están cada vez máis baixos xa que esta situación impídelles, ademais, poder buscar outro traballo.

    Desde a CIG xa anunciaron que esta será a primeira doutras mobilizacións, aínda por concretar.

    Redacción Salnés