As obras da ampliación da gardería comezarán en xullo

    conselleiraampliaciongarderia100.jpgRIBEIRA> A Conselleira de Traballo e Benestar desprazouse ata Ribeira para asinar o convenio de colaboración que permitirá a ampliación da gardería.

    {flowplayer}barbanza/conselleiraampliaciongarderia.flv{/flowplayer}

    Un total de trinta e nove empresas presentaron as súas ofertas para executar a ampliación da escola infantil de Ribeira. Na actualidade, o proceso atópase en fase de apertura de plicas polo que a adxudicación terá lugar a próxima semana.

    A Conselleira de Traballo e Benestar quixo reiterar coa súa visita o seu compromiso coa creación de novas prazas públicas para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.

    Concretamente, a gardería de Ribeira ampliará a súa oferta en 75 prazas que se veñen sumar ás 2.400 creadas nos tres anos de lexislatura.

    Durante a xuntanza mantida entre o alcalde e a Conselleira abordaron tamén cuestión relativas á terceira idade para seguir dotando de servizos o centro de atención ós enfermos de alzheimer.

    Redacción Barbanza