O PSdeG denuncia a paralización do polígono do Barbanza

    iniciativapsoemacropoligono100.jpgRIBEIRA> O Grupo Parlamentario Socialista presentou unha iniciativa solicitando que se retome o proxecto do macropolígono do Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/iniciativapsoemacropoligono.flv{/flowplayer}

    O PSOE rexistrou unha iniciativa no Parlamento instando ó goberno da Xunta a retomar, de forma urxente, a tramitación do proxecto do parque empresarial do Barbanza. Segundo os socialistas, esta actuación tan necesaria para facilitar a creación de emprego, se atopa paralizada dende que o Partido Popular asumiu o goberno da Xunta de Galicia.

    Este proxecto, impulsado durante a anterior lexislatura, contemplaba a creación dun millón de metros cadrados de chan empresarial entre os concellos da Pobra e Ribeira.

    A actuación, declarada de interese supramunicipal, xa dera varios pasos na tramitación e mesmo se adxudicara a redación do proxecto de expropiación dos terreos. Sen embargo, a pesar dos compromisos asumidos polos representantes do actual executivo autonómico, non se ten avanzado na tramitación e na execución das obras que xa deberían estar en marcha.

    Dende o PSOE son conscientes da escaseza de recursos do goberno autonómico pero consideran que é precisamente neste tipo de actuacións xeradoras de emprego nas que se deben investir os fondos públicos.

    Redacción Barbanza