Jealsa márcase o reto dun ano para recuperar ó 100% a súa produción

BOIRO> O presidente de Jealsa-Rianxeira, Jesús Alonso Escurís tamén quixo destacar o traballo desenvolvido polo operativo de extinción, tanto os medios públicos coma tamén os privados, que permitiu que a traxedia non fora peor do que foi.

Tras o maltrago do sábado, a empresa traballa xa cas miras postas en volver a recuperar o antes posible ó 100% a súa produción.

Confía en que a fábrica poida estar de novo en marcha antes de que pase o primeiro mes despois do incendio.

E de seguro que por esforzo e ganas non será. A conserveira boirense, con máis de 60 anos de historia, conta con marcas tan consolidadas como Rianxeira ou Escurís,  cunha facturación de 700 millóns de euros no último exercicio e con máis de cinco mil traballadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí