Entrebateas contará cun día máis de festival na súa segunda edición

    POBRA> Por segundo ano, a Pobra acollerá o festival Entre Bateas, promovido pola asociación cultural Xente ás Leiras. Desenvolverase a última fin de semana de agosto e contará cun día máis que na primeira edición. O festival arrancará o xoves día 31 cunha serie de concertos a bordo dun catamarán que prometen non só música senón tamén moito humor. O venres estará dedicado á temática Ska mentres que o sábado tocaralle a quenda ó rock e ó metal coa actuación de Hamlet. A intención do concello é seguir apoiando este festival de cara a futuras edicións co obxectivo de promocionar a música e a mocidade.