Boiro aposta pola reutilización dos libros de texto

    bancolibros.jpgBOIRO> A APA do CEIP Praia Xardín está a traballar na creación dun banco de libros de texto para reducir os gastos das familias.

    {flowplayer}barbanza/bancolibrosapasboiro.flv{/flowplayer}

    Mediante esta iniciativa que pretenden poñer en marcha ó longo deste curso, a ANPA do Praia Xardín pretende facer máis levadeira a volta ó cole, reducindo a presión dos gastos que supón a compra dos libros de texto. 

    Aínda que a idea partiu do Praia Xardín, a intención é estendela ós demais centros públicos do municipio. Así se plantexará ó resto das APAS nunha reunión prevista para o 14 de outubro na que tamén se proporán unha serie de medidas a adoptar fronte ós recortes propostos pola Consellería de Educación.

    Á espera de consensuar os pasos a seguir, dende o colectivo non descartan mobilizacións para esixir o mantemento da calidade do ensino público.

    Redacción Barbanza