Javier García imponse na I Ruta do Viño Albariño

CAMBADOS> A victoria na xeral final foi para o redondelano Javier García, mentres que o cambadés Ángel Sánchez venceu en dúas etapas e foi sexto na xeral.

Javier García foi gran vencedor da primeira edición da Ruta do Viño Albariño. Unha carreira organizada polo Club Ciclista Cambados que contou coa colaboración do propio concello, Deputación e concello de Meaño.

De feito, Meaño tivo un protagonismo especial coa disputa de dúas etapas. A primeira, unha cronoescalada ó Alto de O Busto, de tres quilómetros, no que o máis rápido foi Alexandre Rodríguez, do Club Ciclista Cambre, que marcou un tempo de 9’42’’, tres segundos mellor que o de Javier García.

Na segunda tirada, unha etapa en liña con saída e chegada en Meaño, cun percorrido por varios puntos do Salnés de 54 quilómetros, o máis rápido foi o cambadés Ángel Sánchez, do Spol. Entrou xusto por diante do seu compañeiro Javier García, logo de mandar un ataque durísimo no último quilómetro de carreira.

A terceira tirada tivo comezo e fin en Cambados e nela tamén se impuxo Ángel Sánchez aínda que por escasa marxe con respecto a Javier García. Os segundos que perdera o cambadés na coronoescalada, foron decisivos para que a victoria final recaese en mans do corredor redondelán.

Na entrega de premios, tamén foron galardoandos Alexandre Rodríguez, do C.C.Cambre, que levouse o maillot vermello ó ser o primeiro clasificado entre os junior de primeiro ano. O maillot verde das metas volantes foi a parar a mans de Antonio portela, de C.C.O Rosal.

Redacción Salnés