As motos acuáticas, protagonistas por un día en Silgar

motos250_230908.jpgSANXENXO > A praia de Silgar vestíuse de gala esta fin de semana para acoller a sexta proba do Campionato Galego de Motos Acuáticas e a terceira de Embarcacións Neumáticas. Centos de persoas déronse cita no areal de Sanxenxo para seguir de preto as espectaculares carreiras.

A emoción da motonáutica instalouse a pasada fin de semana en Sanxenxo. Silgar acolleu a sexta e última proba puntuable para o Campionato Galego de Motos Acuáticas, en categoría maxi e jet ski, e a terceira de embarcacións neumáticas PR-550.

Foron éstas as que comezaron a competición, contra as 13:30. Trala disputa das tres mangas pertinentes, a parella redondelana formada por Juan Carlos Solla e José David Álvarez impuxéronse ó resto dos seus rivais por segunda cita consecutiva. Acompañáronos no podio Francisco José Pereira e Oscar Serantes, que foron segundos, e Félix Lorenzo e Patricia Couñago, terceiros.

As segundas en saír foron as jet ski, ás 14:05. Aquí decidíase o campionato nesta derradeira proba. Isidoro Carabelos mantiña o liderato pero perdeuno tras ser segundo  por detrás de Carlos Avelino Blanco, que con esta sumou a súa quinta victoria parcial que lle serviu para reter o título que acadara o ano pasado.

As últimas en saír, probablemnete a competición máis espectacular, foron as motos de maior potencia, as Maxi. Nesta categoría estaba todo decidido. Manuel Osorio acadara o título na proba anterior celebrada na súa vila natal, Vilanova. Aínda así, non se relaxou e fixo pleno de victorias nesta Campionato Galego; seis de seispara el, demostrando así a súa superioridade e tamén, por qué non, que pode optar a cotas maiores.

As probas, organizadas polo Real Club Náutico de Sanxenxo e a Federación Gallega de Motonáutica, foron un éxito en tódolos aspectos. A boa sintonía entre ambas institucións fíxolles proxectar conxuntamente unha escola para a aprendizaxe destas modalidades desportivas no Náutico de Sanxenxo nun futuro próximo.

Redacción Salnés