O Concello concede a Medalla de Ouro da Cidade a Antón Paz

anton250_060709.jpgVILAGARCÍA> O regatista Antón Paz recibíu de mans da alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, a Medalla de Ouro da Cidade, ou o que é o mesmo, máxima distinción do regulamento de protocolo do Concello. Familiares, amigos, membros da corporación municipal e numerosos persoeiros déronse cita neste acto celebrado o sábado pola mañá.

{flowplayer}images/salnes/antonpaz_060709.flv{/flowplayer} 

A alcaldesa de Vilagarcía fixo entrega da Medalla de Ouro da Cidade ó campión olímpico de Tornado Antón Paz. O mellor deportista vilagarcián da historia estivo arroupado por familiares e amigos, nun acto emotivo, no que tamén estiveron presentes Javier Villaronga, representante de Caixanova, entidade que ata o de agora ostentaba en solitario tal distinción, e o Almirante Francisco Rapallo, Fillo Predilecto da Cidade.

Dolores García non escatimou en eloxios para Antón, do que dixo ser un exemplo para todos, pequenos e maiores, non só polos seus éxitos deportivos, senón pola súa calidade humana.

Visiblemente emocionado, Antón Paz quixo lembrarse daquelas persoas que o axudaron e apoiaron en todo momento. En canto ó seu futuro, Antón dixo aínda ter esperanzas en canto á inclusión do Tornado como clase olímpica nos vindeiros xogos de Londres.

En todo caso, ten varios frentes abertos, cos mundiais de Platú e o propio Tornado, así como coa vela oceánica, unha posible opción trala experiencia satisfactoria adquirida na Volvo Ocean Race.

Redacción Salnés