O Pleno de Vilagarcía ratifica o seu apoio a Lazareto

    VILAGARCIA> O Colectivo de mariscadoras sen permiso de explotación de Carril, Lazareto, ven de protagonizar boa parte da última sesión plenaria…

    {flowplayer}images/salnes/pleno_vilagarcia_permex.flv{/flowplayer}

    … de Vilagarcía; pancarta en man volveron a reclamar o apoio dos políticos vilagarciáns na súa loita por conseguir os vinte permex prometidos pola Consellería do Medio Rural e do Mar e que non dan chegado por mor da interposición dun novo recurso das mariscadoras de a pé ca Confraría Carrilexa que considera moitos os permisos de explotación que se queren conceder.

    O Alcalde Vilagarcián, Tomás Fole asegurou que non existía deixadéz neste tema nin por parte do Goberno Autonómico nin falla de seguemento polo equipo de goberno vilagarcián; senón que en breve se coñecería a resolución do recurso.

    Foi aquí cando comezou o rebumbio: a oposición esixiu ó executivo local a que se comprometese claramente a mediar por este colectivo que só está na procura dun posto de emprego. Finalmente chegouse ó compromiso de apremiar ó goberno galego na procura dunha solución urxente.

    A polémica non quedou aí senón que os ánimos caldeáronse aínda máis cando unha das compoñentes de Lazareto asegurou que o PP lle prometera en campaña electoral un emprego a cambio do seu silencio nos mitíns. Unha acusación desmentida e cualificada de gravísima polo Alcalde Vilagarcián.

    Redacción Salnés