O CSIC fai visible as mámoas da Barbanza

    mamoascsic100.jpgBARBANZA> O CSIC, a través do Instituto de Ciencias de Patrimonio, levou a cabo unha iniciativa pioneira nas mámoas do Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/mamoascsic.flv{/flowplayer}

    Os primeiros poboadores dos Chans do Barbanza xa traballaban na ordenación do territorio. De feito, as mámoas, máis aló do seu carácter funerario, tiñan unha función de construción da paisaxe e de comunicación.

    Precisamente, o obxectivo do Instituto de Ciencias do Patrimonio é divulgar esta característica dos túmulos a través dunha iniciativa pioneira levada a cabo esta mañá na serra do Barbanza cubríndoas con teas brancas para facelas visibles.

    Visualización da paisaxe cultural

    A través desta experiencia foi posible visualizar a paisaxe cultural que conformaron as mámoas hai seis mil anos. Esta e outras iniciativas integran unha serie de documentais sobre Prehistoria e Arqueoloxía para o programa ‘La aventura del saber’ que Televisión Española está a rodar en Galicia.

    Redacción Barbanza