A 11ª etapa da Volta Ciclista a España percorre o Barbanza con saída dende Padrón

BARBANZA> Pasada a unha e media da tarde,  daba comezo a undécimo etapa da Volta Ciclista a España dende Padrón. O pelotón tomaba a saída dende o Parque tecnolóxico Cortizo para percorrer máis de 166 quilómetros con catro portos de montaña.

Gran expectación na saída da undécima etapa da Volta ciclista a España dende Padrón, a segunda en territorio galego. Os corredores tomaban a saída preto das dúas da tarde dende o Parque Tecnolóxico Cortizo a onde se aproximaron centos de afeccionados para participar neste evento deportivo.  

Numerosas autoridades participaron na saída desta etapa. Entre elas, o delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen  destacou a importancia deste evento deportivo para Galicia posicionando a comunidade no mapa non só a nivel deportivo senón tamén turístico.

Tras esta etapa que percorreu os concellos de Padrón, Dodro, Rianxo, Lousame, Noia e Rois, quedan aínda dúas máis en territorio galego. Mañá saírá dende a estación de montaña de Manzaneda mentres que o venres percorrerá a provincia de Lugo dende os Ancares.