RIANXO> A xouba volveu ser protagonista en Rianxo, nunha festa gastronómica que atrae a numerosas persoas non só na comarca do Barbanza, senón de fóra dela.
A organización, a cargo do Concello e a Confraría de Pescadores da localidade, valorou moi positivamente a cita deste ano, tanto polo número de asistentes como tamén polo amplo e variado programa da festa.
Nesta ocasión encargáronse dos fogóns, os membros da asociación Virxe do Carme de Leiro, que prepararon a xouba, ademais de frita, en empanada e tamén guisadas e en escabeche.
–inserto
E como se ve nas imaxes, o resultado parece que gustou, xa que quedaron sen existencias.











