RIBEIRA > Unha vivenda emprazada na Rúa Manzanares de Ribeira sufriu na tarde do mércores un incendio. Unha estufa eléctrica foi o desencadeante do lume que, afortunadamente, non causou danos a ningún dos ocupantes da mesma.
Todo quedou nun susto e os ocupantes da vivenda no momento en que se produciu o incendio non presentan ningún dano.
O suceso tivo lugar ó mediodía, cando os tres residentes, dúas mulleres de avanzada idade e o neto dunha delas se dispoñían a comer. O lume iniciouse na planta superior do inmoble na que se rexistraron importantes danos materiais.
A rápida intervención dos traballadores dunha obra próxima evitou que o lume se propagase ata a planta baixa, onde se atopaban os ocupantes da vivenda, e causase danos maiores.
Á chegada dos bombeiros, as lapas xa foran extinguidas pero a densa fumadera impedía a entrada ó edificio.
Redacción Barbanza