Achan un cadáver no interior dun vehículo aparcado en Pazos

    PADRÓN> O cadáver achouse na estrada que comunica Santiago con Padrón, entorno ás dez da noite de onte. Segundo apuntan os veciños podería levar moitas horas falecido sen que ninguén se decatase. Estanse estudando aínda as circunstancias desta morte.

    O falecido era un veciño de Silleda que roldaba os 40 anos de idade. O seu vehículo, un Audi azul metalizado con matrícula 1934-CYX estaba aparcado na beiravía da nacional 550 desde a madrugada do sábado con el sentado no asento dianteiro. Segundo nos explica unha veciña que reside nas inmediacións, foi un mozo da Pazos o que se decatou do acontecido porque ese mesmo vehículo lle chamou a atención horas atrás. A voz de alarma deuse as dez da noite de onte, pero non foi ata pasada a media noite cando se procedeu a levantar o cadáver. Ademais de responsables xudiciais, estiveron presentes a Policía Local de Padrón e a Garda Civil. Ata que se levante o segredo de sumario non se coñecerán novos datos sobre as causas da morte.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí