![]()
RIBEIRA> Representacións da comisión do Hospital do Barbanza entregaron varios escritos na Xunta demandando a implantación da categoría de celadores.
{flowplayer}barbanza/novademandaceladores.flv{/flowplayer}
Aínda que xa hai máis de catro anos que o hospital do Barbanza pasou a formar parte da rede pública do SERGAS, o centro continúa aínda sen a categoría profesional de celadores. Isto implica que sexa os auxiliares de enfermería os que asumen as tarefas propias deste colectivo cunha considerable carga de traballo.
Por este motivo, a comisión de centro rexistrou esta semana numerosos escritos asinados polos auxiliares lembrando a necesidade de incorporar celadores.
Sen resultado
Esta non é a primeira vez que se dirixen á administración autonómica para realizar esta demanda e foron moitos os escritos e iniciativas presentadas, ata agora sen resultado.
Dende o Barbanza lembran que este e o hospital de Cee son os únicos centros comarcais que non contan con esta categoría profesional polo que non dubidarán en adoptar medidas de presión ata conseguir a incorporación de celadores.
Redacción Barbanza








