Polémica en Portonovo pola supresión da feira de verán

    SANXENXO> Veciños de Portonovo manifestáronse en Baltar pola decisión dende o concello de Sanxenxo de non colocar este ano os postos da feira multisectorial.

    {flowplayer}images/salnes/ProtestasFestas_270612.flv{/flowplayer} 

    Manifestación pacífica aínda que con momentos de pequena tensión entre os veciños de Portonovo. Por unha banda, os máis numerosos, apoidando á Comisión de Festas de San Cristóbal, encargada de organizar tódalas festas durante o verán. Por outra banda, os menos, os veciños da zona afectados polos ruídos e pola masiva presencia de xente diante das súas casas e negocios. Todo na zona de Baltar, onde se colocan os postos da feira, que este ano non poderán ser utilizados pola comisión de festas, que baseaba o seu presuposto na súa explotación.

    Os veciños da zona sí están conformes con que a feira non se celebre como en anos anteriores, fartos xa de que os feirantes incumplisen as normas establecidas. 

    Con todo, dende a comisión, están convecidos de que as festas continuarán a celebrarase aínda que serán moito máis humildes que en anos pasados. 

    Os manifestantes que apoian á Comisión de Festa de San Cristobal completaron as súas reivindicacións achegándose ó concello para entregar no rexistro muncipal unhas follas de reclamación manifestando o seu malestar pola decisión tomada polo goberno local.

    Redacción Salnés