O nó de Curro ábrese ó tráfico este venres

    BARRO> Así o confirmou o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, na súa visita ás obras.

    {flowplayer}images/salnes/HernandezEnlaceCurro_270612.flv{/flowplayer} 

    A partir deste venres 29 de xuño a Autovía do Salnés estará comunicada a través do nó de curro coa autoestrada AP-9. AsÍ o avanzaba esta mañá o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruras, Agustín Hernández, durante a supervisión destas obras nas que a Xunta investe 39 millóns de euros.

    Unha vez que se rematen os traballos que se están a levar na actualidade, co extendido da capa de rodarura polos catro carrís, o enlace permitirá reducir os problemas de retencións, tan habituais na época estival. O resto de traballos, nos diferentes ramais e concexións secundarias, finalizaranse durante os meses de verán.

    Aínda que neste nó de curro queda preparado o paso da futura autovía Pontevedra-Vilagarcía, Hernández non quixo aventurarse a dar datas sobre o posible inicio deste proxecto. 

    O conselleiro asegurou ademais que o seu departamento está a traballar para que se axilice dende o Ministerio de Fomento a construcción da A-57 dende Curro a Ponteareas.

    Redacción Salnés