CAMBADOS> Volve a Ruta do Albariño de Ciclismo, na categoría junior. Uns 140 deportistas participarán nesta proba, todo un referente, que chega á súa novena edición. Vaise dividir en tres etapas, atravesando distintos concellos da comarca do Salnés e chegando incluso ata Poio. A cita servirá tamén para render homenaxe a Ernesto Falcón, ciclista cambadés recentemente falecido.
Tres etapas apaixoantes daranlle forma á novena edición da Ruta do Albariño de Ciclismo Junior. A primeira etapa será unha cronoescalada entre Meaño e o Alto do Busto. A segunda, unha etapa de case 100 quilómetros, con saída e meta en Meaño, pasando por Sanxenxo, O Grove e Poio. A do domingo será a etapa estrela.
Cambados será un dos concellos con moito protagonismo nesta Ruta do Albariño. Tamén terá un peso destacado o concello de Meaño, en especial nas dúas primeiras etapas. O alcalde indica que este tipo de actividades axudan a impulsa-lo turismo.
A Deputación de Pontevedra, xunto coa Xunta, tamé colaboran coa proba. Na institución provincial destacan que esta proba serve para fomentar valores de compañeirismo e amizade entre a rapazada.
Na Ruta do Albariño participarán 20 equipos, chegados de Portugal e de distintos puntos de España e Galicia.