Mar asegura que están ‘no bo camiño’ na negociación da PPC

    quintanappc copia.jpg SANTIAGO> A conselleira Rosa Quintana amosouse satisfeita polos acordos acadados na última reunión do Consello de Ministros da UE.

    {flowplayer}images/salnes/QuintanaPPC270612.flv{/flowplayer}

    O consello de Ministros da Unión Europea reuniuse o pasado 12 de xuño para continuar avanzando nun proceso dos máis importantes para Galicia de cantos teñen lugar en Europa, a reforma da Política Pesqueira Común. Para dar conta dos acordos tomados, a Conselleira do Medio Rural e do Mar reuniuse cos representantes do sector da pesca, o marisqueo e a acuicultura. Unha reunión na que Rosa Quintana amosou a súa satisfacción xa que, segundo ela, os acordos melloran a situación anterior. A pesares de que para o sector o resultado continúa estando lonxe do que reclaman, a conselleira mostrouse optimista e recordou que despois da Comisión quedan aínda as negociacións co Parlamento Europeo.

    Unha proposta consensuada que demostre que Galicia sabe xestionar os seus recursos. Polo de agora, suficiente ou non o que si se conseguiu foi flexibilizar certos principios, como a consecución do Rendemento Máximo Sostible ou dos descartes, unha práctica que consiste en devolver ó mar as especies que se pescan dedicándose a outras pesquerías e se atopan en veda.

    Outro punto importante tamén modificado é o que ten que ver cos informes sociais e económicos das distintas pesquerías, que se poñen ó nivel dos informes científicos. Deste xeito non se valorará o estado do recurso se ter en conta os prezos que acadan as especies ou a flota que depende delas para subsistir. Así é que a falta de moito camiño por percorrer, a administración amósase optimista. Dentro do sector, pola súa banda, hai diversas opinións.

    Redacción Salnés