Comeza en O Grove unha escola de verán en inglés

    O GROVE> Ten lugar no IES Monte da Vila durante os meses de xullo e agosto e nela poden participar nenos de entre 4 e 12 anos.

    {flowplayer}images/salnes/EscolaIngles_020712.flv{/flowplayer} 

    A academia de inglés Kids & Fun organiza por segundo ano consecutivo en O Grove unha escola de verán para que os máis novos poidan aprender inglés, Desta volta a inciativa conta coa colaboración da Concellería de Educación do municipio.

    Máis de 200 rapaces de entre 4 e 12 anos divertiranse este verán no Monte da Vila, asistindo ás clases, facendo manualidades ou practicando deporte. 

    Os protagonistas, os rapaces, ocuparon o tempo algúns deles, facendo trens con caixas de cartóns. Momento que aproveitamos para pasarlles o primeiro exame de inglés.

    Un total de 15 monitores dirixen os 11 grupos nos que están repartidos os rapaces, por idade. Tanto concello como Kids & Fun agardan que co paso dos días máis pais de O Grove e de fóra anímense a anotar ós rapaces neste campamento.

    Redacción Salnés