Fonte da Coca presenta un escrito en Ravella reclamando numerosas melloras para o barrio

VILAGARCIA> En Vilagarcía, a asociación veciñal Fonte da Coca acaba de presentar un escrito no Concello reclamando distitnas melloras na zona. Solicitan que as súas propostas sexan incorporadas aos Orzamentos de 2022. Entre elas, o reasfaltado de Rodrigo de Mendoza ou a posta a punto do Parque da Coca.

Os orzamentos de Vilagarcía para este 2022 roldan os 31 millóns e medio de euros, pero non convencen ao colectivo veciñal da Fonte da Coca. A Asociación denuncia que as contas municipais volven pasar por alto vellas reividicacións do seu barrio. Para seren escoitados, e co obxectivo de que o goberno local atenda as súas peticións, veñen de presentar un escrito no rexistro do Concello no que solicitan distintas medidas. Unha das principais, o reasfaltado de Rodrigo de Mendoza, unha avenida chea de fochancas na que hai dúas décadas que non se mellora o firme.

Porque aínda que as ciclovías non acaban de convencer, cren que o lóxico tería sido asfaltar todo cando se instalaron por esta avenida. Tamén relacionado coa bicicleta, o circuíto que construíron na zona: cren que está infrautilizado e reclaman actividades para el.

Nese escrito presentado no concello tamén reclaman melloras no Parque da Coca, unha petición que xa vén de vello.

Ademais, propoñen máis farois na rúa Bubela e tamén a iluminación dos dous grandes monumentos que teñen na zona.

No colectivo agardan que o goberno local teña ‘vontade política’ e atenda estas peticións. Unhas propostas

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí