O aparcamento da explanada de O Ramal dará cabida a 220 vehículos

    obras_explanada_ramal copia.jpgVILAGARCÍA> Así o sinalou o alcalde, Tomás Fole, durante a visita ás obras xunto ó Presidente da Deputación, Rafael Louzán, entre outros.

    {flowplayer}images/salnes/OBRAS_APARCAMENTO_RAMAL.flv{/flowplayer}

    Trala sinatura do convenio de cesión dos terreos da explanada de O Ramal, en Vilagarcía, entre Autoridade Portuaria e concello, xa arrancaron as obras para o acondicionamento deste espazo coma lugar de aparcamento. Trátase dunha superficie duns seis mil cincocentos metros cadrados nos que se pasará a ofrecer unhas 220 prazas fronte ás 80 das que se podía facer uso. Un compromiso do goberno local, dixo Tomás Fole, que agora permitirá dar solución ós problemas de estacionamento existentes na vila.

    Así mesmo, o rexedor local anunciou que esta semana teñen previsto modificala sinalización dos aparcamentos da Avenida da Mariña polo que pasarán a estar en liña. O obxectivo é modificalo aspecto visual que ofrece a rúa nestes momentos e evitalas dificultades de manobra que se atopan moitos condutores.

    A obra da explanada do Ramal conta cunha inversión duns 95.000 euros, financiada ó 100% pola Deputación de Pontevedra. Por iso, Fole resaltou a colaboración que están a recibir desde o organismo provincial nesta e noutras actuacións previstas no concello como as da Escola de Música e a Casa de Cultura.

    As novas prazas de aparcamento estarán operativas nuns dez días.

    Redacción Salnés