O fiscal retira o cargo de asasinato a un dos acusados polo crime de Silleda

    xuizo_crime_silleda_100_110309.jpgPONTEVEDRA> O axente do Ministerio Público pide para Carlos Montoto 5 anos e medio de cárcere por encubrimento.

    {flowplayer}images/salnes/110309_xuizo_crime_silleda.flv{/flowplayer}

    Nas súas conclusións a fiscalía entende que non se pode afirmar quén disparou a arma coa que mataron a Víctor Manuel González e Santiago Mondragón, pero si que había un plan preconcebido e que Carlos Montoto, un dos acusados, actuou como cómplice do crime. O Ministerio Fiscal considera que os procesados Juan José Bertolo Ferreiro e José Ramón Rey Docampo estiveron xuntos o día dos feitos nas horas nas que previsiblemente se produciron as mortes. Segundo o seu relato, os dous acusados puxéronse de acordo coas vítimas para levalas ata Dornelas e matalas. O fiscal mantén que non se pode probar que Montoto estivese alí non momento do crime, por iso decidiu rebaixar a pena de 42 a cinco anos e medio de cárcere por un delito de encubrimento. Argumenta que Montoto acudiu esa noite para axudar a mover os cadáveres ameazado por Bertolo e Rey, dando credibilidade á súa coartada.

    Os avogados da acusación amosáronse desconformes con esta rebaixa da pena para Montoto e insistiron en culpar ós tres acusados como autores do crime, elevando a definitivas as peticións de 40 anos de cárcere para cada un por asasinato e 2 por tenencia ilícita de armas.

    En canto ós letrados da defensa, afanáronse en aludir ás probas presentadas para exculpar ós seus clientes como autores materiais das mortes. Unha vez rematados os alegatos, os acusados expuxeron os seus últimos argumentos.

    O que segue sen estar claro é o móbil do crime. Segundo o fiscal, existe unha relación clara entre Ramón Rey e Bertolo polo taller mecánico propiedade deste último, un negocio que calificou de pouco transparente, aínda que engade que o tráfico de drogas podería estar tamén no fondo da relación entre acusados e vítimas.

    Redacción Salnés