Os arousáns cren que pagarán eles polo rescate bancario

    O SALNÉS> España comeza a xestionar o rescate bancario que ven de concederlle o Eurogrupo. Unha axuda económica…

    {flowplayer}images/salnes/enquisa_rescate_espana.flv{/flowplayer}

    … que se agarda que poida ascender ata os 100.000 millóns de euros; dos cales se veñen de adiantar 30.000 millóns nas últimas horas. Este rescate, en diferencia doutros anteriores, non se aplica ás arcas do Estado directamente, non suporá unha recapitalización directo do Estado, senón que se destinará ás entidades bancarias do noso País.

    Con todo, a axuda xestionarase a través do FROB, o Fondo de Resolución Ordenada Bancaria, co que estes cartos contabilizarán como débeda pública. A maiores, o Estado terá que adoptar novas e duras medidas de reaxuste como a de subir o IVE, eliminar a deducción por vivenda ou rebaixar a imposición sobre o traballo, entre outras.

    Pola súa banda os bancos rescatados tamén deberán afrontar condición férreas; como por exemplo a de segregar os activos considerados tóxicos; como o stock de inmobles nun “banco malo”. Os cidadáns das Rías Baixas pensan que, malia ser unha axuda para as entidades financeiras, finalmente será o cidadán de a pé o que pague os pratos rotos. E é que a maioría da cidadanía enquisada pensa que estas reformas tan estrictas, como a última reforma laboral non están a servir para que se recupere a economía, senón que o efecto está sendo o contrario ó desexado.

    Ó preguntar polo rescate a cidadanía responde unha e outra vez botando man de casos de persoeiros nada exemplares que están a ser noticia nos últimos tempos. Pensan que estes casos non axudan en nada ó país e que deberán ser castigados de xeito exemplarizante.

    Redacción Salnés