O SALNÉS> O 85% do alumando que participou no Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés atopou traballo. É un dos datos que se desprende do balance feito hoxe polo organismo comarcal, coincidindo co remate da décimo terceira edición desta iniciativa. Unha edición que contou con 34 cursos e 13 talleres, apostando pola diversificación sectorial. A Mancomunidade traballa xa na vindeira edición, avanzando que a oferta incluirá un novo obradoiro de agricultura de precisión.
A Mancomunidade do Salnés acaba de clausuar a décimo terceira edición do seu Programa Integrado de Emprego, un dos seus proxetos estrela.
Unha edición que se despide cun alto volume de inserción laboral. Dos 100 participantes, 85 atoparon traballo.
Nesta edición a grella formativa contou con 34 cursos e 13 talleres e distintas accións individuais, apostando pola diversificación de sectores, combinando os máis clásicos cos máis innovadores. Hoxe, o presidente da Mancomunidade poñía o foco na necesaria colaboración público-privada para obter os resultados agardados. Salientou tamén que a través do PIE xestionáronse máis de 1.700 ofertas, acadáronse 765 empresas e se asinaron 43 convenios de colaboración.
Este Programa supuxo un investimento de 263.000 euros, dos cales a Consellería de Emprego achegou 220.000 e a propia Mancomunidade os 43.000 restantes. O organismo comarcal traballa xa na seguinte edición do PIE. Manterá toda a oferta incorporando un novo curso de agricultura de precisión e ortofotografía.
Dende o seu nacemento, hai agora 13 anos, 1.300 persoas despempregadas da comarca recibiron formación grazas a este proxecto da Mancomunidade.











