Cambados culpa ás conserveiras

    Varios estudos demostran que as fábricas que están a contaminar toda a comarca do Salnés están situadas nos municipios de Ribadumia, Vilanova e Cambados. O Concello de Cambados deu a coñecer os resultados das analíticas que xa están en mans da Mancomunidade do Salnés para que tramite os expedientes sancionadores.

    O concello de Cambados asegura que as análises realizadas demostran que algunhas conserveiras están a contaminar a rede de saneamento. Segundo informa o goberno municipal, a recollida aleatoria de residuais para controlar a natureza dos vertidos industriais destacan os vertidos emitidos polas empresas Servarosa, en Pontearnelas, e a Alfageme, en Ribadumia. No primeiro caso, nas análises realizadas o 7 de outubro presentaba materia orgánica en suspensión cinco veces por enriba dos parámetros legais permitidos. No caso de Alfageme, os controis fixerónse en setembro e chegaron a detectar vertidos de ata seis veces o permitido, provocando elevadísimas emisións de gases fétidos.

    Ante a imposibilidade legal para tomar medidas contra empresas situadas noutros concellos, Cambados optou por centralizar as analíticas na Mancomunidade do Salnés, que está a recopilar tódolos datos e tramitará os expedientes antes as administracións competentes. O Concello cambadés advirte que mentres non entre en servizo o control automático de vertidos, seguirán a realizarse analíticas esporádicas e cando sobrepasen os rexistros permitidos se tramitarán expedientes sancionadores.

    Redacción Salnés