Marcos González volve á presidencia do Consorcio de Comercio do Salnés

    marcosgonzalez100.jpgVILANOVA > O cambadés Marcos González foi elixido onte presidente do Consorcio de Comercio do Salnés …

    … Segundo indicou hoxe a Tele Salnés Barbanza, González puxo como condición deixar a presidencia de Cambados Zona Centro para poder dedicarse exclusivamente ó Consorcio.

    Esta sería a primeira vez que o presidente do Consorcio de Comercio do Salnés non preside unha das asociacións membro, polo que foi preciso cambiar os estatutos. Ademais, acordouse que o mandato será de tres anos. Marcos González explicará mañá en rolda de prensa os seus proxectos pero xa nos adiantou que tratarán de reactivar a campaña ‘Este mes que traballe Rita’.

    Precisamente esta mañá entregouse en Vilanova o premio dos 600 euros mensuais do Consorcio. O presidente de Vilanova Centro, Ramón Cardalda, fíxolle entrega dos vales de compra a Cristina Fandiño. Esta veciña de Cambados terá que gastar o premio nas tendas asociadas a Vilanova Centro, deixando 50 euros por establecemento. O seguinte sorteo corresponde á asociación da Illa de Arousa e celebrarase o 5 de maio.

    Redacción Salnés