![]()
VILANOVA> Estes nenos son os que participan na Escola de Verán que acolle o Pazo de Vista Real. Segundo Gonzalo Durán a expericiencia foi moi boa.
{flowplayer}images/salnes/ESCOLA_VERAN_VISTA_REAL.flv{/flowplayer}
Tiveches que traballar moito para ser alcalde?, tes limusina?, fuches á universidade?, gústache o fútbol? Ou ves moito a televisión? Estas foron algunhas das preguntas ás que se tivo que someter o alcalde de Vilanova na que puido ser unhas das entrevistas máis difíciles pero tamén máis divertidas ás que tivo que someter. E é que esta lla fixeron os rapaces que participan durante a tempada estival na Escola de Verán que acolle o Pazo de Vista Real. Pese a todo, segundo Gonzalo Durán a experiencia foi moi boa.
Ademais, o rexedor local destacou que esta iniciativa saíu do Viveiro de Empresas que organizaron desde o concello nestas instalacións. Proposta que agora da emprego a dúas persoas e ofrece un servizo social ó municipio.
Este ano a demanda foi superior ó número de prazas ofertadas. Por iso, desde a empresa amosaron a súa intención de repetila experiencia o vindeiro ano. Ademais, informounos que os rapaces están en horario de mañá para adaptarse ás necesidades dos pais.
Ó termo da entrevista o alcalde foi obsequiado cun álbum e un caderno con debuxos feitos polos rapaces.
Redacción Salnés









