‘A reunión polo Hospital do Salnés foi unha tomadura de pelo’

    hospital_salnes_copia100.jpgVILAGARCÍA> A Plataforma do Salnés pola Sanidade Pública, afirman que Farjas, ten como obxectivo paralizar todos os proxectos sanitarios.

    {flowplayer}images/salnes/PLATAFORMA_SANIDADE_SALNES.flv{/flowplayer}

    Tomadura de pelo. Así define a Plataforma do Salnés pola Sanidade Pública o encontro coa Xefa Territorial de Sanidade, o director de zona de Atención Primaria e o xerente do Hospital do Salnés. O líder do Esquerda Unida, Juan Fajardo, afirmou que o obxecto da Consellería é non facer nada, recoñecen necesidades pero non dan solucións.

    Dende o BNG, Xosé Castro Ratón, declarou que Farjas sigue unha estratexia para que non se cumpra o plan director. Denuncian que por un lado quere un plan director, pero que por outro non existe financiación para o hospital a partir do 2010.

    A conselleira de sanidade sentenciou que existen problemas cos terreos colindantes para a ampliación do hospital. Sen embargo, Vitoria Hierro, recalcou que no Concello non se ten constancia das supostas denuncias do propietario da parcela.

     En canto ó peche da Casa do Mar, a plataforma denuncia que a intención de Pilar Farjas é deixala zona sanitaria do Salnés sen un laboratorio en beneficio de Pontevedra.

     Redacción Salnés