A poesía, protagonista onte no Liceo Casino

    poesia copia100.jpg VILAGARCÍA> A sociedade organizou o seu primeiro encontro poético baixo o nome "Mesa das Verbas".

    {flowplayer}images/salnes/ENCONTRO_POETICO.flv{/flowplayer}

    A poesía foi onte a protagonista no Liceo Casino de Vilagarcía, que celebrou o primeiro encontro da súa xuntanza poética. Baixo o nome “Mesa das Verbas”, a actividade reuniu na sé da sociedade a máis de vinte persoas afeccionadas á poesía, que quixeron participar da iniciativa. Un por un foron lendo os poemas escollidos por eles mesmos, formando unha selección na que non faltaron recoñecidas figuras deste xénero, tanto da poesía galega e española como da internacional.

    A pesares de que nun principio esta actividade está dirixida ós socios, o Liceo Casino celebrará tamén sesións de portas abertas para todo o que queira participar.

    A intención da sociedade é organizar un encontro da Mesa das Verbas cada mes, co obxectivo de conmemorar o centenario do poeta Álvaro Cunqueiro.

    Redacción Salnés