A Illa solicita apoio da Xunta para crear un local de ensaio

    xuventudeilla100_080408.jpgA ILLA > O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, reuniuse hoxe co alcalde e coa concelleira de Xuventude

    … Entre outros asuntos, falouse da posibilidade de crear un local de ensaio para os numerosos grupos musicais que hai na Illa.

    O Concello da Illa de Arousa estuda adherirse á Rede Galega de Locais de Ensaio. O alcalde Manuel Vázquez e maila concelleira de Xuventude Juliana Dios reuníronse esta mañá no consistorio co Director xeral de Xuventude, Rubén Cela. Os responsables municipais queren atender as necesidades dos numerosos grupos musicais que hai neste concello á hora de contar cun lugar onde preparar as súas actuacións.

    A iniciativa foi ben acollida polo representante da Xunta e agora só queda que o Concello lle remita un proxecto. De momento, búscase localización e mañá asistirán á inauguración dos locais de ensaio de Vilagarcía para coller ideas.

    Na reunión de hoxe tamén se falou do programa No val dos deuses, enmarcado no denominado Naturalmente Galicia. A través desta iniciativa mozos de 18 a 30 anos de toda a comunidade terán oportunidade de pasar unha fin de semana na Illa. As visitas faranse no mes de maio.

    Redacción Salnés