O alcalde da Pobra nega a perda do distrito marítimo

    maceirasdistritomaritimo.jpgPOBRA> Sae así ó paso das declaracións realizadas polo BNG que aseguraba que Fomento estaba estudando a unificación dos mandos dos distritos marítimos da Pobra e Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/maceirasdistritomaritimo.flv{/flowplayer}

    O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac maceiras, quixo saír ó paso das declaracións realizadas hai uns días polo BNG ante a posible desaparición do distrito marítimo da localidade. Segundo o rexedor pobrense esta afirmación é totalmente falsa, polo que mandou unha mensaxe de tranquilidade ós veciños.

    Situación provisional

    Segundo o alcalde, nestes momentos de xeito provisional o xefe do distrito marítimo do Caramiñal, Gabino Silva, atende tamén ó distrito de Ribeira, á espera do nomeamento dun novo xefe para esta.

    Novo edificio

    O alcalde tamén informou de queo venres desprazaranse á localidade representantes do Ministerio de Fomento, así como tamén o propio Capitán Marítimos de Vilagarcía, Manuel Martínez Calvo, para supervisar os terreos que xa hai tempo, Portos de Galicia puxo a disposición da Dirección Xeral da Mariña Mercante, a carón da actual lonxa, onde se ubicará a futura construción do novo edificio que albergará a sede do Distrito Marítimo do Caramiñal, que se construirá de inmediato, polo que con esta actuación, segundo el, garántese, a continuidade do Distrito Marítimo da Pobra do Caramiñal.

    Redacción Barbanza