Indignación entre os usuarios ante o peche repentino da piscina

    queixaspechepiscinaboiro100.jpgBOIRO> O peche da piscina municipal de Boiro por parte da empresa concesionaria deixou a centos de usuarios sen servizo.

    {flowplayer}barbanza/queixaspechepiscinaboiro.flv{/flowplayer}

    O pasado seis de xullo, o complexo deportivo de Boiro pechaba as súas portas por sorpresa. A empresa adxudicataria, Sidecu, decidiu pechar as instalacións alegando problemas de seguridade ante a posibilidade de derrube do falso teito. Sen embargo, dende o concello desmentiron este feito e se ben recoñecen a existencia de deficiencias insisten en que o inmoble non presenta danos estruturais.

    Falla de información

    Os centos de usuarios que quedaron sen servizo quéixanse do peche repentino sen recibir apenas información.

    Dende o concello xa iniciaron os contactos coa Xunta para arranxar as deficiencias cun plan de traballo que arrancará no mes de agosto co obxectivo de poder reanudar o servizo canto antes.

    Asesoramento xurídico

    Paralelamente o executivo está a asesorarse xuridicamente para establecer unha vía de solución coa empresa adxudicataria á que acusa de tentar presionar ó concello por motivos puramente económicos e non de seguridade, tal e como alegan.

    Mentres non se proceda á reapertura das instalacións dende o concello facilitarán que tanto os clubes deportivos como as persoas que precisan de actividades terapéuticas poidan desprazarse a outros centros da comarca.

    Redacción Barbanza