LOUSAME> O concello de Lousame deseñou unha ampla programación cultural para os meses de abril e maio. Os nenos serán os principais destinatarios destas actividades organizadas pola Axencia Infantil Municipal de Lectura.
As actividades, promovidas pola Axencia Infantil de Lectura co obxectivo de fomentar o hábito lector entre os máis pequenos, comezaron xa a primeiros de mes coa publicación do manifesto do Día do Libro Infantil.
Terán continuidade este sábado cun contacontos sensorial e durante o mes de maio con propostas para diferentes idades.+
Á marxe desta programación, o concello ten previstas outras actividades para o mes de abri como a xuntanza dos maiores ou o acto de despedida ás voluntarias europeas que realizaron a súa estadía en Lousame.











