Tragove terá un novo peirao con 80 metros de liña de atraque

    CAMBADOS> Así o anunciou esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, na súa visita a Cambados.

    {flowplayer}images/salnes/PtePortosCambados_120712.flv{/flowplayer} 

    Jose Juan Durán reuníuse esta mañá con Luis Aragunde e co patrón maior da Confraría de Pescadores, Benito González, unha xuntanza na que tamén estivo presente o Delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

    Os temas a tratar foron varios. En primeiro lugar, o próximo remate da licitación para a construcción das comportas do saco de Fefiñáns, un proxecto para que o que se destinan 500.000 euros e no que se comezará a traballar nos vindeiros meses.

    Ademais, anunciouse que a finais de verán estará rematado o proxecto deste peirao interior, algo que levaba parado dende hai varios anos. Este peiaro terá unhas dimesións de 40 metros de largo por 20 de ancho o que dará unha liña de atraque duns 80 metros. Unha actuación moi demandada tanto dende o concello como dende a Confraría.

    Asimesmo a xuntanza servíu para tratar o plantexamento dos usos de Tragove, tanto portuarios como complementarios. Anunicouse tamén a instalación para comezos de outono do sistema de vixiancia.

    Redacción Salnés