![]()
POBRA> A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou o concello da Pobra para presentar o proxecto de remodelación da lonxa que se licitará este ano.
{flowplayer}barbanza/proxectoreformalonxapobra.flv{/flowplayer}
A actuación prevista pola Consellería do Mar dotará á lonxa da Pobra dunhas instalacións máis amplas e reformadas supoñendo unha importante mellora das condicións de traballo dos produtores que alí desenvolven o seu labor.
O proxecto, presupostado en 326 mil euros, contempla a ampliación do edificio administrativo en sesenta metros cadrados. Tamén se procederá a renovar a cuberta da nave, para poñer fin ós problemas de filtracións.
A reforma tamén suporá a revisión da instalación eléctrica, alumeado, canaleta central de saneamento e sistema de protección contra incendios. O entorno da lonxa tamén será obxecto de mellora xa que se dotará de accesos para persoas con mobilidade reducida.
Próxima licitación
Unha vez rematado o proxecto construtivo, no prazo aproximado dun mes, procederase á licitación da obra.
No acto de presentación do proxecto estiveron tamén presentes o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e o patrón maior da Pobra, Manuel Maneiro. A Conselleira do Mar emprazou a este último a unha futura reunión que ten previsto celebrar coas confrarías arousás para tratar de solucionar os problemas xurdidos na explotacións dalgúns bancos de libre marisqueo como o de Cabío do que A Pobra reclama a restitución dun millón de metros cadrados para as súas concesións.
Redacción Barbanza








