Boiro Novo lamenta a perda de subvencións para a rehabilitación de espazos públicos

    BOIRO> Dende a formación sinalan que, ó contrario que Rianxo, o equipo de goberno deixou pasar a convocatoria beneficiarse das subvencións para a rehabilitación das escolas unitarias de Praia Xardín e destinalas a vivendas sociais. Por outra banda Boiro Novo tamén se referiu a dous acordos plenarios aprobados por unanimidade hai dous anos que buscaban a rehabilitación integral da rúa Principal e que a día de hoxe seguen no esquecemento pola incapacidade do equipo de goberno de xestionalos.