Rianxo acolle este Nadal un scape room para dinamizar o comercio local

RIANXO> Saúde, cultura e comercio son os tres eixos sobre os que xira a orixinal proposta de escapismo da que gozarán os rianxeiros este Nadal. A empresa Be One, concesionaria da piscina municipal, en colaboración co concello e coas asociacións de comerciantes ARE e Somos Rianxo levará a cabo unha novidosa iniciativa durante a mañá do 24 de decembro.

O xogo combina circuítos de actividade física con probas culturais relacionadas cos máis ilustres autores rianxeiros. Os retos serán diferentes segundo a categoría; unha familiar, outra para mozos de entre 18 e 40 anos e unha terceira a partir de 41.

O obxectivo en todos eles será abrir unha das caixas que conteñen diversos vales de compra. Precisamente este é o obxectivo principal da actividade: atraer xente a Rianxo e promover as vendas no comercio local.

Os interesados en participar poden anotarse na piscina municipal. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí