CAMBADOS> A Confraría de Cambados reclama a reforma da lonxa da localidade. No pósito denuncian que as instalacións precisan unha actuación urxente para evitar, din, calquera tipo de problema legal.
A lonxa de Cambados precisa dunha actuación urxente. As instalacións levan dende comezos dos 90 sen renovarse, unha situación que vén denunciando dende hai tempo a Confraría da localidade. No pósito demandan unhas instalacións acordes ós novos tempos e á altura do volume de negocio do sector na vila.
O patrón maior trasladoulle esta petición á nova presidenta de Portos de Galicia, de visita hoxe en Cambados. A responsable do organismo autonómico achegouse ata a localidade para supervisa-los traballos de recuperación do porto de San Tomé. Alí, estase a reconstruír parte do firme do dique, que leva anos afundíndose.
A actuación supón un reforzo da seguridade tanto para os mariñeiros como para os turistas que pasean pola zona.
A recuperación do dique estase a facer cos seus adoquíns orixinais. Calcúlase que os traballos poderían estar rematados esta a semana que vén, a máis tardar.